viernes, 31 de marzo de 2017

Un novo compañeiro medrará con nós

Celebramos o día da árbore completando a nosa colección. Os alumnos de terceiro B da ESO plantamos unha albaricoqueira e esperamos comer da súa froita pronto.



jueves, 24 de abril de 2014

Herbario do Botánico

¡¡¡¡Inauguramos nova sección!!!
Chámase Herbario do Botánico de Elviña e nela podedes atopar as follas de cada unha das nosas árbores. Hai visións do haz e do envés e enlaces á wiki onde podedes atopar información da árbore, de cando e quen a plantou e doutras curiosidades.
Está en construcción e ira medrando co tempo, pero xa se ven algúns exemplares. Pasiño a pasiño
Para acceder picade na foto das follas no lateral esquerdo...e probade a xogar a ver si recoñecedes algunha

domingo, 30 de marzo de 2014

Celebrando a día da árbore

Como cada ano celebramos á día do árbore dando un pasiño máis no noso obxectivo de crear un auténtico Xardín Botánico no IES Elviña. Chegamos xa as oitenta especies e contamos con dous quioscos exteriores onde crecen trepadoras e que formarán dúas aulas exteriores. Nesta tempada plantamos kiwis nunha delas e plantaremos cle
mátides na outra. Beleza, froita e utilidade.

As flores tamén chegan ó interior do Instituto

Os patios na entrada e no interior do instituto tamén se enchen de cor ó chegar a primaveira. Na imaxe, alumnos de 1º e 2º de Bacharelato plantan flores nas xardiñeiras e enchen de vida nova o Instituto

viernes, 28 de marzo de 2014

¡XA É PRIMAVEIRA NO BOTÁNICO!


Comeza a estación onde as nosas árboles vístense de verde intenso e adórnanse de flores de moitas cores. A maioría aínda están a agromar, pero algunhas, como esta amendoeira, teñen presa de ensinarnos a súa beleza.
(Foto: Dámasa Eiroa--3º PDC)

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Por alusións vou poñer a receita de como aliñar as olivas. Unha vez recollidas as olivas poñémolas nun bote con auga que as cubra ben. Durante 15 ou 20 días cambiarlla tódolos días . Pasado este tempo alíñanse con ourégo, tomillo, romeiro, allo picado,pimentón doce,pementa en grao, unha folla de loureiro en trociños ,un chorriño de aceite virxe, un pouco de vinagre de mazá, sal gordo e auga ata que cubra as olivas. Déixase macerar unha semana como mínimo axitando o bote de cando en vez, próbanse e se fai falla ponse un pouco máis de sal e... Bon proveito. Suxerencia :este aliño tamén se pode facer coas olivas de bote(verdes ou negras) ) sen a auga . Probade a facelo están moi boas.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Apetecenvos unhas olivas?

 É a primeira colleita de olivas no noso botánico, e para madurar tan ó norte, estaban ben saborosas. Algo tería que ver o aliño que Loly lles fixo...


A mágoa foi que só uns poucos escollidos puidemos probalas. A ver se a árbore segue féliz connosco e agasállanos con novas colleitas que poida probar toda a comunidade educativa do IES Elviña